Post Date: 11/10/2021
A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, concedeunos unha subvención para o desenvolvemento do PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO NA VULNERABILIDADE E CAPACITACIÓN DO VOLUNTARIADO DE MISIÓN da nosa entidade. Grazas a este programa impartiuse o CURSO DE FORMACIÓN AVANZADA – ANIMACIÓN HOSPITALARIA E EXTRAHOSPITALARIA aos nosos voluntarios. Queremos agradecer o apoio da Xunta de Galicia na mellora do benestar dos nosos cativos.