Este pasado domingo tivo lugar a carreira popular e andaina solidaria do concello de Maside , que como cada ano ten fins solidarios. Nesta edición a recadación cas inscricións foi destinada á asociación bicos de papel.
Esta asociación presta apoio a familias de cativos ingresados na Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a pacientes pediátricos oncolóxicos da área sanitaria de Ourense. A cifra de participantes achegouse este ano ás 400 persoas.
Por parte desta asociación estivo presente Germán Tizón, quen valora moi positivamente actividades solidarias deste tipo, nas que a recadación íntegra se destina a unha boa causa social.
Unha gran afluencia reuniuse este ano para desfrutar desta carreira, algúns deles, a gran maioría, xa repiten nesta proba, tanto de xeito individual coma en grupo.
Outros, animados pola causa, desprazáronse dende diferentes puntos de Galicia para desfrutar desta iniciativa.